nadal

O PSdeG critica a falta de información sobre o Nadal en Ribadavia

O goberno local, con decembro xa comezado, "aínda non foi capaz de informar aos veciños das diferentes actividades que se teñen preparado para estas festas", puntualizan os socialistas

O PSdeG de Ribadavia critica "a falta de información" e a "falta de xestión" do grupo de goberno do Partido Popular, relativa ás actividades de Nadal. O goberno local, con decembro xa comezado, "aínda non foi capaz de informar aos veciños das diferentes actividades que se teñen preparado para estas festas", puntualizan os socialistas. 

Este grupo lembra que "en anos anteriores, co noso grupo no goberno, a veciñanza xa recibira por estas datas unha programación de actividades coas que se puña en valor o RibaNadal", e engade que "a día de hoxe, e é algo moi grave, non existe ningún contrato asinado con ningunha empresa que vaia encargarse de realizar as actividades de Nadal e tampouco se firmaron os convenios coas empresas patrocinadoras para financiar o RibaNadal", matizando que nin xiquera saben se vai haber pista de xeo, que era o prato forte da programación.

Te puede interesar