O PSdeG pide a posta en valor das fontes de Leiro

O alcalde, Francisco José Fernández, afirma que non recibiu no concello ningunha reclamación ao respecto

O grupo do PSdeG de Leiro reclama a elaboración dun plan de rehabilitación de fontes e lavadoiros, contando coas partidas orzamentarias necesarias para este fin, así como a confección dun catálogo actualizado no que se detalle a súa situación e o estado de uso e conservación. Tamén pide a constitución dunha comisión de seguimento configurada por representantes veciñais, expertos e un concelleiro de cada grupo municipal que establecerá unha orde de prioridades.


Por último, solicita unha sinalización adecuada de cara ó seu posible interese turístico, e que se dote de auga a aquelas fontes e lavadoiros que carecen de subministración na actualidade, segundo apunta o portavoz socialista, Manuel Rodríguez.


O alcalde, Francisco José Fernández, afirma que non recibiu no concello ningunha reclamación ao respecto e que xa explicara que se rehabilitaron as que se poideron arranxar nun pleno da anterior etapa municipal.

Te puede interesar