O PSdeG acusa ó PP de "vetar" unha proposta para que a Xunta cumpra co Plan de Banda Larga

Martín-Seco-011020-1200x675
photo_camera O portavoz de Industria dos socialistas, Martín Seco.
O protocolo foi aprobado en 2015 pero continúa sen aplicarse
Os socialistas galegos acusaron ó Partido Popular de "vetar"  na Comisión de Industria do Parlamento unha proposta socialista para pedirlle á Xunta que cumpra cos compromisos acadados para a extensión do Plan de Banda Larga aprobado en 2015. O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, acusou ao PP de “convidar para que outro pague”, sinalando que o veto coincide cunha proposta do PP para pedirlle ao Estado a extensión da banda larga con fondos Feder.

O responsable socialista explicou que o goberno galego ten a obriga de complementar as actuacións do Estado nesta materia, e lembrou que a propia Xunta asumira en 2015 o obxectivo da Axenda Dixital Europea para garantir unha conexión mínima de 30 MBps en todo o territorio galego en 2020.

Así o dixo logo do debate, primeiro, dunha proposta do PP para pedir a execución de fondos Feder para extensión da banda larga, que foi apoiada polos socialistas, e despois da proposta socialista para pedirlle á Xunta que cumpra cos compromisos para a implantación da banda larga rexeitada polo PP. Seco reclamou unha postura “construtiva” do goberno galego, que “intenta sacarlle tallada aos problemas de Galicia e monopolizar o que fan os outros como éxito propio”.

Te puede interesar