baixa limia

O PSOE critica o estado do embarcadoiro de Aceredo, en Lobios

LOBIOS
photo_camera Estado actual do pantalán de Aceredo, en Lobios.

O voceiro deste partido considera "perigoso" o estado das instalacións e esixe que se tomen medidas urxentes

O PSOE de Lobios alerta sobre o estado do pantalán e o embarcadeiro da zona de Aceredo, asegurando que se atopa nun estado de "abandono" que estaría provocando "o malestar dos veciños e visitantes". 

O voceiro do grupo socialista, Francisco Veloso, considera "perigoso" o estado das instalacións e pide que o Concello tome algunha decisión respecto do seu futuro. "Tería que clausuralo ou facerlle algo porque veñen pescadores e familias con nenos e pode haber algún problema", precisa Veloso, indicando que se trata dun atractivo turístico da zona, "un dos máis visitados despois do balneario".

Fronte a estas acusacións, a alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez, asegura que teñen sido varias as empresas ás que se lle ten ofrecido a súa explotación "e ninguén quere facerse cargo da súa xestión". Do mesmo xeito, Yáñez lembra que a construcción, tanto do pantalán como do embarcadeiro, "presenta moitas deficiencias" polo que "nunca se utilizou ó 100% dende que se fixo". Un destes problemas aparecería coa baixada do nivel do embalse das Conchas. "Cando baixa moito a auga, a estructura queda colgando", unha situación que podería ter provocado a rotura da estructura do pantalán. Con todo, o grupo de goberno traballa na busca de alternativas para que "a inversión sexa utilizable". 

As instalacións de Aceredo foron construídas hai oito anos mediante as axudas do Plan E. Segundo explica Francisco Veloso, contou cun orzamento de 500.000 euros.

Te puede interesar