O PSOE de Leiro critica o gasto nos cubre contedores

"Leiro ten prioridades máis importantes que atender que colocar uns cubre contedores, que son moi bonitos, pero que non eran necesarios", afirman

O Partido Socialista de Leiro vén de criticar o "gasto excesivo" feito cos cubre contedores ubicados no municipio e que tiveron un custe de 34.000 euros. Ademais disto, o grupo da oposición quéixase de que estes mecanismos non só son un malgasto para as arcas municipais, senón que tamén "invaden as beirarrúas, dificultando a mobilidade e o tránsito dos veciños polos viais de Leiro e invadindo nalgúns casos a calzada, cos problemas de tráfico que pode xerar".

"Isto é un novo exemplo e outra tropelía máis por parte do alcalde do Partido Popular, que emprega cartos públicos en facer o que lle da a gana, sen pensar nas consecuencias e nos custos que supón para as arcas municipais, sen importarlle que ese malgasto prexudica severamente a todos", manifestou o voceiro socialista, Manuel Rodríguez Vázquez. "Leiro ten prioridades máis importantes que atender que colocar uns cubre contedores, que son moi bonitos, pero que non eran necesarios. O alcalde debería centrarse no arranxo de camiños, estradas ou na limpeza do patrimonio público", engadiu.

Te puede interesar