O PSOE reclama un bando coas medidas contra o covid, en Leiro

Os socialistas de Leiro reclaman por segunda vez ao concello a publicación de un bando, xa solicitado por escrito no pasado mes de agosto, con fin de extremar as medidas de prevención para evitar contaxios do covid-19 e sobre todo agora cos rebrotes para que se lembre aos veciños, "que se extremen as precaucións si cabe máis".

Por iso, este grupo da oposición lamenta que "como poidemos comprobar nestes oito días que levamos, desde que presentamos o escrito, o goberno municipal non tomou ningunha medida, con respecto á prevención".

O PSOE pide que "se leven acabo polos servizos municipais a desinfección, especialmente nos espazos públicos, como tamen nas diferentes parroquias do noso concello e nos arredores das zonas onde están situados os contenedores de lixo".


Obrigacións


Tamen lle solicitan ao grupo de goberno "que era necesario recordarlle aos veciños e visitantes que non olviden que o uso de máscara e obrigatorio para as persoas maiores de seis anos"; e ademais, piden que o concello "lembre aos veciños as recomendacións de Sanidade para protexerse".

Por todo esto, lamentan que o rexidor municipal "fai oídos xordos ante as medidas que propoñemos, que cremos necesarias e de obrigado cumprimento, para que despois non teñamos que lamentar situacións innecesarias", remata o portavoz do grupo municipal socialista, Manuel Rodríguez.

Te puede interesar