Amador Díaz é candidato á Alcaldía de Xinzo para Áxil
Amador Díaz é unha desas persoas que, aínda que quixesen, non poderían vivir sen loitar por aquelas causas nas que cren. "Eu e que sempre estou metido nalgunha historia", di este técnico agrícola limiao nado en Alemania, que fora concelleiro en Xinzo polo BNG durante trece anos e que na actualidade preside a Asociación de Productores de Pataca da Limia. Este sábado presentará oficialmente a candidatura de Áxil -Alternativa por Xinzo de Limia-.
Que o motivou a regresar á política despois de oito anos?
O principal motivo é que se achegou moita xente a mín e me dixo que tiña que facer un esforzo e presentarme ás eleccións municipais.
Que lle transmite esa xente?
Quéixanse da situación de abandono do pobo. O goberno local mudou tres veces de alcalde e se esqueceu do fundamental.
Cal é a ideoloxía de Áxil?
Somos un grupo de persoas normais que, polas nosas profesións, non temos necesidade ningunha de meternos en política, pero queremos que o pobo cambie.
Cre que terán máis atrancos ao non estar suxeitos a unhas siglas tradicionais?
Os partidos son aparatos que fan que as formacións locais teñan que seguir un guión. Nós non temos ataduras e só pelexaremos polo interese de Xinzo.
Cales son as súas propostas?
Apostar polos servizos sociais e pola dinamización do comercio e da hostalería, así como do polígono industrial. Penso que Xinzo ten que vivir do Entroido os 365 días do ano, e tamén queremos crear un Museo Agrario e convertir a Praza de Abastos nun referente.
Cal é o seu obxectivo?
Gañar as eleccións como calquera partido que se presenta, pero teño claro que como mínimo seremos a segunda forza política.