Imprimir

Rafa Vilar, gañador do XVI premio “Pura e Dora Vázquez"

La Región | 13 de junio de 2019

Carlos Rodríguez, Isabel Mociño, Manuel Doval, Mario González, Ana Malingre y José Manuel Fernández, el jurado.
Carlos Rodríguez, Isabel Mociño, Manuel Doval, Mario González, Ana Malingre y José Manuel Fernández, el jurado.

O libro "Os outros oficios" foi a obra elixida polo xurado do certame convocado pola Deputación

O escritor coruñés Rafa Vilar (Cee, 1968) é o gañador do XVI premio de literaratura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez" co seu libro de relatos "Os outros oficios". O concurso convocado pola Deputación de Ourense galardoou o traballo de Rafa Vilar na modalidade de narrativa cun premio de 1.500 euros.

A resolución foi comunicada polo xurado do certame onte no centro cultural Marcos Valcárcel. Unha decisión que o propio Rafa Vilar recibiu con abraio: "Escribo poesía dirixida a un público adulto polo que este traballo supuxo un reto literario para ver ata onde era capaz de chegar, polo que estou sorprendido e moi agradecido con esta distinción", sinala o escritor.

Os 33 relatos que conforman "Os outros oficios" recurren á capacidade inventiva do autor para reflexar aqueles oficios que non existen, "unha galería de retratos que mesturan o xogo imaxinativo", destacan dende o xurado do certame. 

"Foi un libro que naceu da necesidade de xogar e de experimentar coas palabras e coa escrita, así como de dirixirme a un público diferente", explica Rafa Vilar.


Modalidade de ilustración


Tras este premio, ábrese o prazo para o galardón "Pura e Dora Vázquez" na modalidade de ilustración na que aqueles que desexen participar deberán crear unha historia visual seguindo a obra de Rafa Vilar. 

O prazo para presentar os traballos estará vixente ata o vindeiro 2 de setembro e o premio tamén estará dotado con 1.500 euros. 


Unha aposta por reivindicar a literatura en lingua galega


O poeta e filólogo Rafa Vilar conta cunha ampla produción literaria ás súas costas, na súa  maioría dentro do xénero poético. O galardón "Pura e Dora Vázquez" súmase a outras distincións que premiaron a obra de Vilar, como o premio Arume de poesía polo seu libro infantil "Patente de corso" (2012).Entre os seus títulos, todos en galego, atópanse obras como "O devalo do mar" (1994), "Días de Sherezade" (2000) ou "Migracións" (2008). Rafa Vilar foi un dos precursores do proxecto Batallón Literario da Costa da Morte, ademais de formar parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELH).

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/ourense/rafa-vilar-ganador-do-xvi-premio-pura-dora-vazquez/20190613090712877195.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons