MEJROAS

Rairiz de Veiga humanizará as súas prazas co Plan hUrbe

La conselleira  Ángeles Vázquez durante el encuentro con la alcaldesa.
photo_camera La conselleira Ángeles Vázquez durante el encuentro con la alcaldesa.
Ángeles Vázquez e Asunción Morgade aseguraron que as actuacións mellorarán a relación da veciñanza

Rairiz de Veiga mellorará varias prazas e espazos comúns grazas a unha dotación de 100.000 euros dos que a Xunta de Galicia e, concretamente, a Consellería de Medio Ambiente, aportará o 70 por cento dentro do denominado como Plan hUrbe. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, á alcaldesa de Rairiz, Asunción Morgade, coa que mantivo unha reunión por videoconferencia para garantizarlle que o convenio de colaboración, polo que se executará esta actuación, está formalmente asinado. Asimesmo, poderanse iniciar os trámites para a licitación das obras.

Tanto a conselleira, como a alcaldesa, destacaron que estas actuacións contribuirán a mellorar as relacións entre a veciñanza, ao reformar e humanizar espazos de lecer, e terá un impacto moi positivo sobre a seguridade viaria desta zona.

Ángeles Vázquez, pola súa banda, subliñou que esta actuación do Plan hUrbe "é de gran importancia para os concellos pois permite a materialización de determinados proxectos urbanísticos para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e dinamizar determinadas zonas. Os equipamentos urbanos desempeñan un papel fundamental como factor dinamizador", dixo.

Te puede interesar