SERVIZOS

Ribeiro en Común pedirá melloras na rede de auga

Ribadavia. 15/03/18. Río Avia alodado a su paso por Ribadavia y reparto de agua embotellada.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Imaxe das inundacións que tiveron lugar en Ribadavia hai 10 días.

Din que as constantes avarías poñen de manifesto que está "obsoleta"

A formación Ribeiro en Común solicitará no vindeiro pleno que o Concello se marque como principal prioridade a mellora da rede da auga. Neste senso, aseguran que o "grave problema" da contaminación puxo de manifesto "que non se cumpriu coa obriga de investir na rede municipal durante os últimos anos". 

Tamén se queixan de que a capacidade da actual ETAP de Ribadavia é limitada, sendo esta escasez maior nas fases de choivas torrenciais, algo que veñen de afirmar representantes da empresa concesionaria da auga que participaron nas pasadas Comisións informativas co obxectivo de explicar as causas que derivaron nunha semana coa auga municipal declarada "non apta" para o consumo. 

Outra das conclusións ás que chegaron os técnicos, segundo sinalaron dende Ribeiro en Común, foi que Ribadavia debe dotarse dun punto novo de captación se quere mellorar a súa rede xa que, na actualidade, tan solo conta co do regato Maquiáns-Veronza. 

Todos os motivos expostos súmanse, segundo o grupo da oposición, "ao estado no que se atopa o sistema municipal de abastecemento". "Existen problemas na propia rede de saneamento que remata na depuradora de Francelos, a cal sofre importantes eivas que impiden que leve a cabo a súa función, e que xa foron denunciadas sen que o goberno nin a empresa foran quen de resolver no que vai de lexislatura". 

Dende Ribeiro en Común recordan que xa presentaron varias mocións e propostas ao longo destes últimos anos para mellorar a rede municipal de auga e abastecemento, por eso definen como "non entendible" a prórroga feita polo actual goberno á empresa concesionaria privada, e apostan pola "municipalización" do servizo para facer melloras e investimentos. "Levamos tres anos sen esixirlle á concesionaria ningún tipo de investimento e regalámoslle seis de prórroga", manifestaron. 

Te puede interesar