Política

Ribeiro en Común pide a Banda Larga para Ribadavia

Considera que non se debe seguir permitindo que "sigan existindo numerosos núcleos do concello con un nivel de servizo de internet pésimo

Ribeiro en Común reclama que o Concello de Ribadavia se sume ao Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia. Considera que non se debe seguir permitindo que "sigan existindo numerosos núcleos do concello con un nivel de servizo de internet pésimo, en ocasións mesmo inexistente, e que sen embargo o actual goberno non fixo nada para mellorar esta situación".

De sumarse o Concello de Ribadavia a este plan, segundo propón Ribeiro en Común, "significaría unha mellora moi importante deste servizo en todos os núcleos de máis de 500 habitantes do municipio".

A fibra óptica só existe en Ribadavia na zona dos chalés e na rúa Ribeiro. A zona do centro histórico de Ribadavia así como todos os núcleos poboacionais do municipio quedaron illados deste importante servizo, segundo indica este grupo da oposición.

No pleno municipal do 28 de marzo de 2019 saía aprobada a moción de Ribeiro en Común para que o Concello de Ribadavia mellore a potencia e calidade do servizo de internet no municipio, "por entender o noso grupo que este servizo é moi importante no día a día da nosa veciñanza. A pesar do cal, este goberno que leva xa sete meses exercendo non realizou ningunha xestión ao respecto". Por elo, reclama ao concello que se sume ao Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.

Te puede interesar