Ribeiro en Común reclama o Programa Vivendas baleiras

Ribeiro en Común sinala que "consideramos que o goberno local debe ser máis sensible ás necesidades básicas da veciñanza como é a vivenda, e favorecer o aluguer das familias máis desfavorecidas"

O grupo municipal Ribeiro en Común reclama que o Concello de Ribadavia se sume ao Programa Vivendas Baleiras para favorecer o aluguer das familias máis desfavorecidas. Nese sentido, presentou unha nova proposta para ser debatida pola corporación.

"Consideramos que o goberno local debe ser máis sensible ás necesidades básicas da veciñanza como é a vivenda, e favorecer o aluguer das familias máis desfavorecidas", sinala.

O Programa de Vivendas Baleiras do IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) da Xunta de Galicia e a Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) permite destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao alugueiro social para familias desfavorecidas.

Por iso Ribeiro en Común reclama que o Concello de Ribadavia se acolla a este programa, e ademais abra un listado de demandantes de vivendas que se atopen nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de alugueiro no municipio ribadaviense.

Te puede interesar