Ribadavia

Ribeiro en Común reclama respetar el plazo de pagos

Presentó una moción instando a que se cumpla ese requisito normativo

 

O grupo municipal de Ribeiro en Común vén de rexistar una moción para o vindeiro pleno da Corporación ribadaviense na que insta ao Concello a demandar unha solución ao novo goberno do Estado para que este leve a cabo as modificacións normativas precisas que permitan, como así entende esta agrupación veciñal, que as institucións que cumpran cos obxectivos de endebedamento e estabilidade orzamentaria poidan decidir libremente e sen inxerencias o destino dos seus superávits, sen "máis limitacións e tutelas por parte da Administración Xeral do Estado".

A proposta de Ribeiro en Común tamén engade unha petición expresa ó actual grupo de goberno para que "traballe en cumprir o prazo máximo de pago a proveedores previsto na normativa sobre morosidade, co obxectivo de poder aproveitar parte do superávit e destinalo a financiar investimentos financieiramente sostibles no noso Concello", entenden. 


Dobre incumprimento


Segundo explican dende Ribeiro en Común e con datos da intervención municipal, o Concello dispón de importantes superávits tanto no exercicio 2016 como no 2017, que veñen a supor un importe de máis de dous millóns de euros. No obstante, "para poder aproveitar esta capacidade de investimento tamén é necesario que o periodo de pago aos proveedores do Concello non supere o prazo máximo de pago previsto na normativa sobre morosidade, que é de 30 días". Cuestión esta que o Concello de Ribadavia non cumpre e polo tanto non podería gastar os recursos obtidos do superávit orzamentario para destinalos a investimentos en Ribadavia", sosteñen dende Ribeiro en Común. 

Non sería a única traba para a posible xestión dos excedentes de exercicios anteriores. "Ao incumprimento do requisito do prazo máximo de morosidade, hai que engadirlle que a limitación do teito de gasto impediría investir, xa que existe para Ribadavia un teito de gasto de pouco máis de tres millóns quince mil euros, o que significa que só teriamos pouco máis de 7.000 euros para poder destinar a inversións", apuntan dende Ribeiro en Común, formación que tamén pide na súa moción que ó acordo plenario da Corporación se lle dé traslado aos diferentes grupos do Parlamento de Galicia, Á Xunta, ás Cortes e ao Goberno.

Te puede interesar