Maese Bike está a percorrer a provincia de Ourense achegando aos escolares normas de circulación dun xeito divertido
Maese Bike, a través de diversos colectivos e anpas, organiza ao longo de toda a xeografía ourensana Circuítos Ciclistas Infantís. As últimas citas foron en Coles, os Rosais e Cortegada, onde se citaron numerosos nenos e nenas preparados para aprender e gozar dun día de diversión.
Os escolares acuden xeralmente a estas chamadas coas súas bicicletas, patíns e patinetes e alí os agarda unha fantástica actividade coa que ademais de divertirse, aprenden normas de educación vial tan importantes para aplicar no seu día a día. Ademais de coñecer as señais de tráfico, o comportamento nos pasos de peóns e todo o relativo aos semáforos, os participantes na actividade comparten unha xincana de adestramento que sempre resulta un éxito. Cada actividade prolóngase xeralmente durante unha hora, deixando entre os escolares moi bo sabor de boca e ganas de repetir. Maese Bike realizará esta actividade nas próximas festas de Ourense, cita á que todos os nenos e nenas están convidados.