Imprimir

Sanidade KO

La Región | 19 de mayo de 2019

Nestas datas nas que os políticos van dun lado a outro tentando convencer e facendo propaganda ata no mais recóndito lugar, no hospital de Ourense, o servizo de TAC segue colapsado.

Nestas datas nas que os políticos van dun lado a outro tentando convencer e facendo propaganda ata no mais recóndito lugar, no hospital de Ourense, o servizo de TAC segue colapsado. Pacientes que deberían ser atendidos en 3 meses, levan case 6 esperando a que os chamen. E non só iso, senón que as queixas a Atención o Paciente non son contestadas en tempo. Vergonzoso que mentres uns fan campaña prometendo e presumindo dos seus logros, os cidadáns estemos esperando coma auga de maio unha chamada para facer un TAC que confirme que a quimioterapia fixo efecto. Fai falla unha mellor atención e mais profesionais e personal que cubra as baixas. Que gasten os cartos en mellorar o servizo ao cidadán e menos en presumir das inversións que fan en infraestructuras.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /cartas-al-director/estefania-gonzalez-gomez-ourense/sanidade-ko/20190519221740872885.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons