TURISMO

Santa Eufemia será o eixo do programa turístico de Ambía

ambia_result
photo_camera Interior do templo prerrománico de Santa Eufemia de Ambía.

Organiza para o día 8 de xaneiro un roteiro interpretativo nesta igrexa prerrománica do século IX

A igresa de Santa Eufemia de Ambía, unha xoia arquitectónica de estilo prerrománico do século IX, será un dos eixos fundamentais do programa de desenvolvemento turístico que está a impulsar o Concello de Baños de Molgas. O goberno municipial, que preside o nacionalista Jaime Iglesias, márcase o reto de para posicionarse "como referente a nivel turístico", especialmente no contexto do Xeodestino Terras de Ourense e Allariz.

Con este fin, o Concello leva a cabo un programa de desenvolvemento turístico que, según o rexidor, "ten como principal obxectivo o coñecemento, conservación e difusion, tanto a nivel interno como externos, dos principais valores turísticos. Neste contexto, , a Deputación e o Inorde están a desenvolver proxectos específicos, relacionados co turismo deportivo no entorno da estación de Baños de Molgas, a través da Fundación ADO Moure e deste xeito, o día 5 de xaneiro presentarase no Centro Cultural Marcos Valcércel de Ourense un  proxecto e implementación do BTT, no que colaboran a Fundación ADO Moure, o Inorde e a Deputación. 

Por outra parte, o día 8 de xaneiro, a partir das 10,00 horas, celebrarase unha xornada de difusión do patrimonio cultural cun roteiro interpretativo no entorno da igrexa de Santa Eufemia de Ambía, xunto con un coloquio sobre o patrimonio cultural do Concello e a súa repercusión turística.

Te puede interesar