O segundo Plan de Igualdade farase chegar ás asociacións

O municipio do Carballiño xa conta cun novo 'Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes', correspondente o periodo 2010-2014 e que na súa segunda edición foi presentado onte pola concelleira de Benestar, Áurea Francisco. Coa coordinación da consultoría Sánchez Albornoz, o programa contempla actividades de formación en técnicas de procura de emprego para a incorporación das mulleres ó mercado laboral.
Neste mesmo sentido, no plan tamén se propón un recoñecemento a aquelas profesionais (costureiras, mestras, taberneiras, polbeiras, entre outras) dos diferentes sectores que contribuiron co seu esforzo ó desenvolvemento económico do Carballiño, e que podería concretarse na recopilación de imaxes antigas e a organización de mesas redondas.

Áurea Francisco apuntou que 'imos tentar que este plan se execute baixo a responsabilidade de tódolas forzas políticas da Corporación, e tamén coa complicidade e apoio dos homes'. A edición do texto, de 96 páxinas, será distribuido entre os colectivos sociais do municipio e as veciñas en xeral.

Te puede interesar