SANIDADE

O Sergas ampliará o PAC e as urxencias do Hospital de Verín

10.68.110.201-archive-2011-04-13-mq9i5674_resultado
photo_camera Centro hospitalario verinés.
Investiranse 2,3 millóns de euros nunha nova área anexa ao salón de actos de 1.229 metros 

O Hospital de Verín terá maior amplitude nun futuro próximo  grazas a que o Servizo Galego de Saúde investirá 2.390.528 euros nun novo espazo -que se construirá ao carón do salón de actos- e no que se reubicarán o Servizo de Urxencias do centro e o Punto de Atención Continuada -PAC-. O obxectivo será, dunha banda, mellorar a accesibilidade para os pacientes e, da outra, a eficiencia enerxética. 

A plataforma de contratacións recollía este martes a redacción do proxecto básico, de execución e dirección das obras por un importe total de 156.903,70 euros. Agárdase que este mesmo ano se poidan licitar, do mesmo xeito, as obras de ampliación. Neste senso e segundo informaron este martes dende o Sergas, a data límite para que as empresas poidan presentar as súas propostas para a redacción do proxecto será o vindeiro 10 de febreiro. 

A nova edificación de Urxencias disporá dunha superficie total de 1.229 metros cadrados, distribuída en tres espazos. O primeiro Áreas xerais, de 395 metros cadrados, onde estará situada a admisión de pacientes, o triaxe, catro consultas médicas, unha consulta de enfermería, unha sala de curas, despachos do xefe de servizo e supervisora, despachos de información e de traballo de médicos, espazo para  cadeiras de rodas, salas de espera de pacientes e familiares, farmacia, almacéns, aseos e oficios.

As novas urxencias contarán tamén cun espazo de 309 metros cadrados destinado a Área de críticos e urxentes cun amplo box de críticos, cinco boxes de urxencias, control de enfermería e tres salas. Por último, o plan funcional inclúe tamén a construción dun Area de estar para o persoal de urxencias, tanto do hospital como de atención primaria.


A xerente agarda ampliar o cadro de pediatras de cara ao mes de maio


A directora do Distrito Sanitario de Verín, Guillermina Agulla, agarda "afianzar" e "ampliar con el tiempo" o cadro de pediatras que prestarán servizo no hospital comarcal -ademáis dos dous xa comprometidos-. "El margen de seguridad está garantizado, pero hay déficit de especialistas, entonces hay que afianzar el servicio de cara a que los pediatras se puedan coger días libres o de vacaciones", explicou a xerente. 

Na liña do paridoiro, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, confirmou este martes que agarda "facer oficial" esta semana a contratación de pediatras para o Hospital de Verín e reabrir o paridoiro "nos primeiros días do mes de febreiro". Insistiu en que "foi a falta de pediatras o que levou a non poder realizar actividade programada dos partos en Verín".

Pola súa banda, O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de pretender pedir o consentimento informado e reforzado das mulleres que opten polo paritorio de Verín para "tentar asustalas". Para o líder dos socialistas galegos, "Feijóo perdeu o rumbo".

Te puede interesar