Imprimir

O Sergas investirá 30.000 euros no centro de saúde

La Región | 22 de mayo de 2019

Estado actual no que se atopa o edificio sanitario.
Estado actual no que se atopa o edificio sanitario.

Pintarase todo o inmoble, incluidos tabiques, pilares e falsos teitos, e se fará un emplastecido de gretas e danos

A Consellería de Sanidade vén de adxudicar unha nova obra de mellora no centro de saúde de Xinzo de Limia. Nesta ocasión, a empresa adxudicataria realizará o repintado do interior e exterior do edificio, grazas a un investimento de 28.314 euros por parte do ente autonómico.

Tal e como avanzaron dende o propio Sergas, pintarase todo o inmoble, incluídos tabiques, pilares e falsos teitos, con pintura plástica lavable de primeira calidade. Durante a actuación, tamén se aproveitará para acometer o emplastecido de faltas, gretas e danos. A superficie estimada é de 3.400 metros cadrados de tabiquería e 1.600 de falsos teitos. 

Tamén se pretende, por outra banda, realizar o esmaltado de 60 portas e marcos cun produto sintético. Nesta liña, o traballo incluirá a preparación do soporte, unha man de fondo e dúas de acabado. 

Por último, mediante este último contrato menor se realizará o pintado dos radiadores de calefacción, así como o do pasamáns da escaleira da entrada ao edificio. Agárdase que esta intervención comece nas vindeiras semanas. Dende o Sergas recordan que xa se acometeu no centro unha limpeza xeral con hidrolimpadora e se practicaron algunhas melloras para evitar filtracións de auga.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/a-limia/sergas-investira-30000-euros-centro-saude/20190522104832873308.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons