arte et alia

Sioli di “non" con rosas

un_vistoso_e_docorativo_relato_result
photo_camera Un vistoso e decorativo relato.

 proxecto chega da man da Fundación Cum Laude, que presiden Ángeles Rodríguez Baliño e Quintáns, un matrimonio de médicos que leva dende fai uns anos apoiando á cultura na cidade.

Olla, unha artista malagueña, Ángeles Sioli, que presenta “En voz alta”... O  proxecto chega da man da Fundación Cum Laude, que presiden Ángeles Rodríguez Baliño e Quintáns, un matrimonio de médicos que leva dende fai uns anos apoiando á cultura na cidade. Inaugurada días antes das pasadas eleccións municipais por aquela, Eva Torres, como directora, e a propia creadora, quen comezou propoñendo aos presentes que participásemos até completar o mural de pétalos vermellos no que estaba escrita en oco na parede a palabra ‘NO’. Son entre todas unhas vinte pezas. Con elas presenta o seu discurso e amosa o abano dos seus recursos, dende o debuxo, a pintura, formas volumétricas pseudo-escultóricas cos tallos das roseiras, varias instalacións e unha peza na que utiliza fío bordado. Esta é, dende a  singularidade que declama, a conclusión final dunha tarefa feminina ou de xénero, un dereito coas formas das espiñas máis decorativas que agresivas nas súas variadas cores, como mosaico cultural da humanidade. A peza funciona como un paredro a carón doutra semellante na forma, con espiñas: son a do ‘Universo Ucrónico’ versus a do ‘Universo Real’. A esfera de cristal sostida polas mans de escaiola e bronce centra a mensaxe do equilibrio dende o de sermos diferentes. Eis aínda unha utopía máis o camiño percorrido comeza a verse. 

Sioli dalle cor con esmalte de unllas ás espiñas, azuis unhas e outras rosas. Nunha gran composición de catro paneis alude aos estereotipos de xénero, e noutras tenta sinalar que as mulleres son diversas mais teñen un teito de cristal, e suxire o mundo vulnerable de moitas delas co cristal como base. Mais o lene da expresión abunda en demasía na estética decorativa. Coa natureza na base, conta unha historia, que ben sendo o elemento primordial da exposición, mais é o relato a metanarrativa que lle da sentido. Así está a ser en moitas das artes na actualidade, temendo ao elaborar os contidos que de non facelo os espectadores se confundan. Mais cáese no entretemento, xa que logo o principio da arte ten que provocar un esforzo no espectador, pois do contrario, como escribiu Gonçalo M. Tavares, sería ‘música para durmir’. Dun lado do andar alto do edificio municipal da rúa Lepanto, que cos inferiores están a ser meros espazos expositivos malia a súa denominación conceptual de museo sostida no tempo, desprégase esta mostra monotemática e uniforme con rosas nos sucesivos debuxos a grafito e pastel. 

Do outro hai unha elaborada variedade. Engádese aquí unha proxección en bucle que lembra como a Fundación e Sioli tíñanse xuntado a finais do pasado ano para instalar no chamado ‘Bosque del Recuerdo’ a escultura ‘No’ ao carón do encoro de Cachamuíña (Pereiro de Aguiar), un pétalo dunha rosa de grandes dimensiones, en ferro lacado en vermello, con  aquela inscrición inserida... E malia que a artista e os da Cum Laude, non se decataran que na lingua da terra é ‘Non’, acaído palíndromo no multisecular idioma do Antigo Reino de Galicia, trátase dunha vistosa proposta. A obra formou parte da Bienal ‘Miradas de Mujer 2018’.

Te puede interesar