Imprimir

Os socialistas de Punxín piden o arranxo das marquesiñas

Redacción | Punxín | 24 de noviembre de 2019

Dende o PSOE sinalan que o estado no que se atopan constitúe un perigo para a seguridade dos usuarios

O grupo municipal socialista de Punxín solicita ao goberno local a reparación das marquesiñas. Considera que o seu deterioro é "unha mostra máis da falta de interese e do abandono do grupo de goberno, que se ve reflexada na situación na que se atopan as marquesiñas, abandonadas e estragadas, sinalando que incluso algunhas supoñen un perigo para a seguridade dos usuarios.

A portavoz socialista, Lorena Peleteiro, afirma que “a situación na que se atopan causa unha imaxe de abandono do noso concello".

As dúas concelleiras do PSdeG diríxense ao edil de Ciudadanos, Eulogio González, para que recoñeza "que se equivocou cando apoiou un goberno do Partido Popular" e ínstano a rectificar. Para Peleteiro, "estamos a tempo de conseguir un goberno de progreso, de futuro, que traballe polos veciños de Punxín, e non perder máis tempo nesta situación de abandono da que o concelleiro de Ciudadanos é o maior responsable".

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/socialistas-punxin-piden-arranxo-das-marquesinas/20191124085234908716.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons