celebración

Solicitud para que a Festa do Pulpo sexa de Interese Internacional

Noela Blanco solicitou á Xunta que comece e axilice os trámites para a declaración da Festa do Pulpo do Carballiño como de Interese Turístico Internacional

A deputada socialista Noela Blanco, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias dirixidas a solicitarlle á Xunta que comece e axilice os trámites para a declaración da Festa do Pulpo do Carballiño como de Interese Turístico Internacional, sinaando a relevancia económica deste certame que se celebra no segundo domingo de agosto.

A deputada socialista sinala na súa proposta que a Festa do Pulpo foi declarada de Interese Turístico no ano 1972 e conta desde 2012 coa declaración de Interese Turístico Nacional, polo que tan só resta a súa declaración como de Interese Turístico Internacional.

Recorda Noela Blanco a expansión que foi experimentando a Festa desde a súa creación hai agora 55 anos, ata chegar á repercusión que acada hoxe en día. Por iso, a deputada do PSdeG insta á Xunta de Galicia na súa proposta a "impulsar e apoiar todas as actuacións necesarias para axilizar a declaración" da Festa como de  Interese Turístico Internacional. 

Sinala ao respecto que esta claración "está máis que xustificada" para un encontro que este ano, no que se celebrou a súa 55 edición, reuníu a máis de 100.000 persoas na vila do Arenteiro, que consumiron aproximadamente  50 toneladas de polbo, sen ter en conta os actos gastronómicos e culturais que se organizan en torno a esta celebración.

Te puede interesar