Política

Taboadela acorda non nomear a interventores de cara ás eleccións

Os partidos decidiron que só se nomeará un apoderado, que non estará presente fisicamente

O Concello de Taboadela acordou, de forma unánime, a proposta de reducir o número de persoas presentes nas mesas electorais dos comicios autonómicos do 12 de xullo. Todos os membros da corporación municipal se mostraron de acordo para non nomear a interventores.

Os partidos decidiron que só se nomeará un apoderado, que non estará presente fisicamente. O labor deste será visitar "periodicamente" o colexio electoral e precisarase a súa presenza no reconto ao finalizar a xornada. O obxectivo é evitar sobrecargar as mesas e facilitar o cumprimento da distancia de seguridade. Estas medidas transmitiraas o Concello ao resto de partidos que concorren nas eleccións e non estén representados na corporación municipal.

Te puede interesar