XORNAL ESCOLAR

Telemiño, o medio para difundir os proxectos escolares

SAN CIBRAO DAS VIÑAS (LA REGIÓN). 04/05/2018. OURENSE. Grabación en plató del programa de Telemiño "Xornal Escolar", con la asistencia de alumnos y alumnas de 1º (6-7 años) del CEIP O Couto. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Los escolares de O Couto en Telemiño.

Escolares do CEIP O Couto, de 1º de Primaria, visitaron o programa Xornal Escolar para falar do seu máis recente proxecto, previamente tamén coñeceron as instalacións de La Región

Escolares de 1º de Primaria do CEIP O Couto, do edificio xeral e do edifico Greco, participan esta semana no programa Xornal Escolar de Telemiño. Acompañados pola súa mestra María Pérez acuden ao Polígono de San Cibrao para presentar un interesante proxecto no que están a participar este curso, co que están a aprender moitos conceptos relacionados cos sistemas de comunicación alternativos, dun xeito divertido e moi práctico. 

África Muñoz, Fátima Pérez e Mario Iglesias exerceron de copresentadores do programa e axudaron á Conchi Pérez á hora de presentar o proxecto.  Durante o curso traballaron nun interesante proxecto que denominaron “Cónta-me” e que surxe da importancia e da necesidade de comunicarse con outras persoas que se comunican dun xeito distinto. Profundizaron así en tres sistemas de comunicación: Braille, linguaxe de signos e pictogramas. 

María foi a profesora que puxo en marcha este proxecto cos escolares xa que “no noso centro empréganse sistemas de comunicación que estudamos con escolares”, comenta ao tempo que engade que o obxectivo principal que se acadou con este proxecto é a sensibilización dos cativos coas necesidades doutros nenos. A actividade contou con moita aceptación, tanto é así que a pesar de haber rematado este proxecto, continúan traballando nestes sistemas de comunicación. María engade que gracias a este estudo reduciuse moito o ruído na aula e é algo tamén moi beneficioso.

A sección Latricar desta semana corre a cargo dos escolares do CEIP O Couto que participan no proxecto de sistemas de comunicación alternativos. Co micrófono en man non dudaron en dar a súa opinión sobre este tema obxecto de estudo, sinalaron o moito que aprenderon e o encantados que estaban de que as cámaras de Telemiño se desprazaran ao seu centro para ser testemuños deste proxecto ao que tanto esforzo, tempo e cariño lle adicaron. 

A sección do Xornal desta semana inclúe unha entrevista á profesora do CEIP O Couto María Pérez Laso, explicará aos  telespectadores de Telemiño o motivo polo que apostaron por este proxecto, as actividades que realizaron e o moito que aprenderon sobre o tema os seus alumnos.

O CEIP Amadeo R. Barroso recibiu esta semana a visita dos expertos de Viaqua para participar na actividade de Aqualoxía centrada nesta ocasión no ciclo urbán da auga. A sección AugaEscola desta semana recollerá esta experiencia na aula e a entrega dos diplomas de Graduados na Auga á presentadora do programa, Conchi Pérez; e ao cámara Manuel, que xa son dous expertos en temas relacionados coa importancia, coidado e o uso correcto da auga. Noraboa compañeiros!
Conchi Pérez despediu o programa dun xeito moi especial. Os nenos e nenas que acudiron ao plató de Telemiño signaron a canción que este pasado sábado se presentou a Eurovisión. 
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma