Análisis

"Temos a oportunidade dar exemplo a todo o país"

José Araújo, Miguel Caride, Flora Moure, Antonio Nespereira (moderador), Rafael Villarino y Luis Seara, en un momento del debate organizado por Telemiño (XESÚS FARIÑAS).
photo_camera José Araújo, Miguel Caride, Flora Moure, Antonio Nespereira (moderador), Rafael Villarino y Luis Seara, en un momento del debate organizado por Telemiño (XESÚS FARIÑAS).

Rafa Villarino  (PSOE): "Non despreciamos a oferta do PP, pero eles si descartan a nosa"

  • "É unha situación crítica e na cidade albíscase un futuro negro. Nin nos peores soños podiamos esperar algo así". 
  • "Ourense non pode ir máis abaixo que estar gobernada por tres personas sen experiencia". 
  • "O PSOE ten lexitimidade e tamén a responsabilidade de gobernar esta cidade". 
  • "Fai falla xenerosidade, pero o PP non amosa ser xeneroso cando pon como condición estar no goberno. A nosa opción prioritaria é gobernar en minoría co apoio técnico do PP. Eles descartan a nosa, pero nós non descartamos ningunha". 
  • "Todos debemos facer un esforzo e a proposta do PP non é despreciable. Todos os partidos son necesarios e todos temos a obriga de colaborar".

Flora Moure (PP): "De momento, no firmaremos si no estamos en el gobierno"

  • "Necesitamos un gobierno estable, no solo un nuevo alcalde. Ourense no merece otro gobierno en minoría". 
  • ¿Villarino? "No estamos en la fase de hablar de personas en concreto". 
  • "El PP ha sido el motor de este gobierno. El BNG parece el único partido que no entiende que debemos ser parte de la solución, solo dice barbaridades". 
  • "Hemos hecho una propuesta, pero no tiene por qué ser la única. Tenemos experiencia más que acreditada y la moción de censura debe estar condicionada a que el PP esté en el gobierno. De momento, no firmaremos si no estamos". 
  • "Si el PSOE piensa en la ciudad, no habrá ningún problema".

Miguel Caride (críticos DO): "Hai que buscar o que nos une e non o que nos separa"

  • "Que PP e PSOE se poñan de acordo é difícil, pero hai que buscar o que nos une e non o que nos separa". 
  • "Non hai que buscar cotas de poder senón cotas de responsabilidade". 
  • "A política tamén son números e sen unha maioría numérica non hai garantía de funcionamento". 
  • "Se afondamos nas feridas non imos atopar a solución". 
  •  "Temos a oportunidade dar exemplo a todo o país". 
  • "Primeiro negóciase e despois fírmase a moción de censura, parece que imos ao revés". 
  •  "Hai que desprenderse das siglas para resolver isto e dar unha solución á cidade". 

José Araújo (Ciudadanos): "Un goberno en minoría do PSOE sería malo para a cidade"

  • "A única solución é que PP e PSOE se poñan de acordo. Deben ser igual de xenerosos, ningún deles arrasou nas eleccións". 
  • "A pelota está agora no tellado  do PSOE". 
  • "Sei que é difícil que PP e PSOE se poñan de acordo, pero agora teñen que pasar cousas que habitualmente non pasan, é o único escenario posible". 
  • "O PP equivocouse ao pactar con Jácome, pero o PSOE tamén o intentou. Pero iso xa pasou". 
  • "Un goberno en minoría do PSOE sería malo para a cidade, non pode gobernar de forma estable un partido xa dividido".  
  • "O BNG descártase porque non quere mochilas e camúflao de xenerosidade". 

Luis Seara (BNG): "A solución é simple: goberna o máis votado e o resto á oposición"

  • "A crise institucional está provocada polo PP, que fuxiu do goberno e deixou o barco á deriva". 
  • "O BNG teno claro: moción de censura e que goberne o máis votado e o resto exerza unha oposición construtiva". 
  • "O PP é o responsable directo de que Jácome sexa alcalde. Demostrou a incapacidade para gobernar e a súa irreponsabilidade, abandonando o barco en plena tempestarde. Non pode ser parte da solución". 
  • "Se ao PP lle importase realmente a cidade seguiría a proposta do BNG e asinaría a moción de censura deixando gobernar ao máis votado". 
  • "Desde a oposición pódese facer moito, pero o que non se pode é querer aferrarse ao goberno".  

Te puede interesar