ALLARIZ

Estela Iglesias: “Teño moitas ganas de ir 
a Nicaragua e axudar"

Allariz. 11-09-14. Provincia. Estela Iglesias.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Estela Iglesias, en Allariz (Foto: Xesús Fariñas)

Estela Iglesias, técnica do Concello de Allariz e cooperante en "Vacacións con Traballo"

A próxima semana partirá cara a Nicaragua a moza alaricana, traballadora de comunicación do Concello, Estela Iglesias. Pasará o seu mes de vacacións colaborando nos proxectos de desenvolvemento impulsados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade do que é socio o Concello de Allariz.



Nerviosa?

Si, pero son nervios de ir, de aprender, de estará alí e o intentar axudar no que poda no sei si serei capaz. Pero si, moitísimas ganas. E a primeira vez que vou de cooperante, que cruzo o charco, a primeira experiencia...



Cal vai ser a súa labor en Nigaragua?


Vou a facer formar parte dun proxecto "Impulso do Desenvolvemento Turístico e Sostible en 11 comunidades próximas ao cañón de Somoto como ferramenta de loita contra a pobreza" que pon en marcha o Instituto de Promoción Humana de Somoto, que é unha cidade que está no departamento de Madriz no norte de Nicaragua. O seu principal obxectivo é o fomento das alternativas de emprego para mellorar o nivel de vida das persoas que habitan no radio de acción deste proxecto, sempre aproveitando os recursos naturais, turísticos e sobretodo a identidade cultural do pais. Como representante do Fondo Galego, farei un pouco unha labor de supervisión dos proxectos que están levando a cabo alí e por suposto, non hai que esquecer que este é un proxecto de sensibilización, polo tanto o que os técnicos vamos a intercambiar experiencias, axudar no que nos sexa posible e sobre todo tomar consciencia das desigualdades entre os países e cambiar a nosa actitude hacia unha postura máis solidaria.



Como xurdiu a posibilidade de colaborar co Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade?

Pois como traballo en comunicación tódolos anos me chegaba ao correo a comunicación do Fondo Galego do programa "Vacacións con Traballo" e tódolos anos miraba, e pensaba e se me quedaba todo o ano na cabeza a posibilidade de participar. E bueno, ao final este ano decidín presentarme e tiven a gran sorte de que me escolleran.



Como foi o a selección?

O proceso foi é sinxelo, tes que presentar o teu curriculum xunto co apoio a tua candidatura do concelleiro responsable teu e esperar. No hai nada máis que facer.



Cantas persoas se presentaron?

Este ano houbo moi poucas candidaturas, non foi difícil, pero nas dúas prazas que hai (turismo en Nicaragua e igualdade en Cabo Verde), puido haber 16 persoas.



Como o tomaron na casa?

O levaba un pouco en segredo, pero en canto saíu na Rexión, decatáronse todos! (risas). Non me encontre a ninguén que me dixera "Deus onde vas!". Os meus pais, están encantados. Sempre cun pouco de cautela ante o descoñecido, pero ben. E os meus amigos me animan moito. No Concello tamén animáronme moitisimo. Agradezcolles a axuda que me prestaron coa carta de apoio a miña candidatura e á hora de organizar o viaxe. E tamén ao fondo que me elexiu.

Te puede interesar