A Torre de Hércules celebra o seu V aniversario como Patrimonio da Humanidade

El velero polaco 'Dar Mlodziezy' y el holandés 'Europa' navegan frente a la Torre de Hércules.
photo_camera Imagen de la Torre de Hércules con un velero al fondo

O Consorcio de Turismo coruñés lanza unha aplicación que permite realizar unha visita virtual ao monumento

A presidenta do Consorcio de Turismo da Coruña, Luisa Cid, presentou este mércores as actividades programadas, polo Concello da Coruña para conmemorar o V aniversario da inclusión da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, entre as que se inclúen charlas, talleres, regalos e itinerarios teatralizados sobre diferentes momentos históricos vinculados ao monumento e a cidade.

As actividades, que se celebrarán do 27 ao 29 de xuño e son gratuítas, levarán o lema de 'Ave Crunia', e terán como protagonistas os nenos. A programación dará comezo o venres ás 17,30 horas, cun pasacalles romano que partirá do Obelisco e que percorrerá a rúa Real, para finalizar cunha práctica militar e un destile de lexionarios na praza de María Pita.

Non obstante, o ámbito da Torre de Hércules concentrará a maior parte dos actos. O venres, que é o mesmo día do aniversario, a Torre de Hércules iluminarase de azul, xa que Luisa Cid informou que é "a cor da cidade", e dende este día e ata o domingo, se montará un campamento romano aos pés do monumento, onde terán lugar as actividades durante os tres días.

Por exemplo, os visitantes poderán comprobar como transcorría a vida dos gladiadores, como descansaban ou como se organizaban para a loita. "Será unha fiel reconstrución histórica da época na que se levantou o faro", asegurou Cid, quen destacou o carácter participativo e interactivo das actividades.

SETE TALLERES POR DÍA

Entre os principais actos previstos, atópanse os talleres infantís e charlas a pé de campamento. Cada día, celebraranse sete talleres distintos, onde os nenos poderán xogar como o facían os romanos ou aprender o abecedario do antigo imperio.

Estes talleres, que durarán 40 minutos, empezarán o venres ás 17,30 horas, mentres que o sábado se desenvolverán dende as 11,00 horas ata a última hora da tarde, e o domingo de 11,00 a 15,00 horas.

De forma paralela, desenvolveranse charlas divulgativas que abordarán temáticas diferentes, relacionadas coa época de construción da Torre de Hércules. Algúns dos contidos das charlas, duns 20 minutos e dirixidas a todo tipo de público, serán os camiños de Roma, a sinalización marítima e a enxeñaría romana ou os portos e o transporte marítimo.

Na actividade bautizada como 'Escola de lexionarios', todos os nenos que o desexen poderán aprender como se organizaban os exércitos romanos, cuales eran as súas técnicas de loita, ou como era o día a día destes loitadores. A escola organizarase coa colaboración das asociacións 'Green Jackets', 'recreadores de Galicia' e 'Hispania Romana'.

TRES SESIÓNS

Os participantes destas asociacións, durante a celebración de 'Ave Crunia', exhibirá os seus lexionarios uniformados, recrearán combates e farán cambios de garda e roldas arredor do monumento. A escola estará aberta a fin de semana, e haberá dúas sesións o sábado -ás 12,45 e 18,45 horas- e unha o domingo -ás 12,45 horas-.

Outra das actividades, consiste en facer percorridos históricos teatralizados sobre a historia da Torre de Hércules, con referencias a acontecementos destacados que tiveron lugar ao longo destes 2.000 anos no ámbito do monumento, como a etapa dos ritos celtas, o desastre do Mar Egeo, ou as invasións inglesas.

Estas representacións celebraranse o sábado a partir das 20,00 horas e correrán a cargo da compañía coruñesa Theatron. Como no resto das actividades, non será necesario inscribirse.

Ademais, os nenos que acudan ás actividades vestidos de romanos, recibirán espadas de madeira, cascos de lexionarios ou réplicas de sextercios, a moeda que circulaba na Antiga Roma. Non obstante, estas réplicas, das que se repartirán 2.000 unidades, levarán as figuras de Marte e a Torre de Hércules así como o recoñecemento da Unesco.

VISITA VIRTUAL

Coincidindo con estes actos, o Consorcio de Turismo ampliou as posibilidades de coñecer o monumento a través dun maior uso das novas tecnoloxías, cunha aplicación que permite realizar unha visita virtual á Torre de Hércules.

"O obxectivo é ampliar a súa accesibilidade e facilitar o seu coñecemento ás persoas con dificultades de mobilidade", explicou a concelleira, ao que engadiu que o Concello "quixo dar resposta a unha das demandas dos visitantes, recollidas nas enquisas realizadas por Turismo", onde se solicitaban a presenza de máis medios tecnolóxicos.

A aplicación, á que se pode acceder a través da páxina web do monumento, pode verse tanto dende un ordenador persoal convencional coma dende dispositivos móbiles, e en versión online e offline. Esta última opción ofrece a posibilidade de que o dispositivo no que se descargue a aplicación se poida converter nunha guía para visitar o faro.

A través da visita virtual, que segundo precisou Cid, cobre "con todo detalle" a visita ao monumento, poderase ver o interior e exterior da Torre de Hércules, o Parque Escultórico, o depósito natural e o ámbito natural do faro. En todos os casos, será mediante imaxes de 360 graos e con información adicional mediante fichas, textos e ilustracións.

A información que acompaña as fotografías editouse en doce idiomas, que son castelán, galego, catalán, euskera, portugués, inglés, francés, italiano, alemán, xaponés, chinés e ruso; e engadíronse locucións en inglés e francés, ademais de en castelán e galego.

Te puede interesar