UNIVERSITAS

Un traballo de fin de grao para axudar a moitos e moitas

Andrea Area organiza CulturHelp, un festival benéfico que terá lugar entre o 20 e 22 de marzo en diferentes puntos do municipio de Sanxenxo.

Recoñece Andrea Area que a idea de que o seu traballo de fin de grao fose máis aló do papel e achegase algo á sociedade era algo que “levaba meses roldándolle a cabeza”. Ata tal punto que, a finais de 2014, esta estudante de Comunicación Audiovisual decidiu aparcar o TFG no que comezara a traballar o curso anterior para comezar de cero cunha nova idea, a organización dun evento cultural solidario. Foi así como naceu o CulturHelp, o festival benéfico que terá lugar entre o 20 e 22 de marzo en diferentes puntos do municipio de Sanxenxo e que non só lle permitirá completar os estudos que realiza na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, senón tamén axudar a moitos e moitas, posto que o seu obxectivo é reunir alimentos e roupa para Cáritas.

"Eran tantas as ganas que tiña de facer isto, que decidín volver matricularme e cambiar de tema totalmente", recoñece esta estudante de CCSS e da Comunicación, que no mes de outubro comezou a traballar, co profesor Paulino Pérez como titor, nunha iniciativa coa que buscaba “unir cultura e solidariedade” na súa localidade natal.

Te puede interesar
Más en Universitas