Magostos

Unha tradición chamada Magosto

74680653_10219112987928557_1833056973524828160_o_resultado
photo_camera As fogatas tamén axudaron a combatir o frío.
Os centros educativos ourensáns non quixeron deixar de celebrar un evento tan agardado na provincia

Cada época do ano ten as súas cousas. O verán trae consigo as vacacións, a chegada do mes de febreiro adoita asociarse co Entroido, o Nadal marca o inicio do inverno, as primeiras flores significan primavera e o mes de novembro está protagonizado por unha festa, un froito e unha tradición. Os magostos chegaron ós colexios de toda a provincia introducindo as castañas nos menús de nenos e profesores, que se reuniron para celebrar esta senlleira festa.

molgas5_resultado

Os centros educativos ourensáns non quixeron deixar de celebrar un evento tan agardado como divertido. Os patios foron, na súa maioría, os escenarios elixidos para festexar o outono. Como é habitual, os equipos dos colexios organizaron unhas merendas moi completas animadas con música e, en moitos casos, xogos populares. Os pequenos non se fixeron de rogar e entraron de cheo na festa pintando as súas caras coas cinzas das fogatas, poñendo a asar os chourizos, saboreando as castañas e, sobre todo, formando parte desta ancestral tradición, á que nin o frío nin a choiva son capaces de facerlle fronte. 

Os magostos continuarán en colexios, asociacións veciñais e grupos de amigos no que resta de mes. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar