Trives arrancou co alumeado do concello a semana contra a violencia machista

Globos negros na fachada para lembrar ás víctimas

O grupo de goberno do Concello de A Pobra de Trives procedeu na noite do luns ao encendido do alumeado en violeta da fachada da casa consistorial abrindo así a semana contra a violencia de xénero. "Un balcón engalonado con globos negros porque #ennegrocontraasviolencias", sinalan dende a corporación.

"Un Concello feminista que se demostra con feitos, non só con verbas. Un compromiso real e firme na loita contra esta lacra. Comprometidos na loita contra a violencia de xénero, estamos e estaremos sempre do lado da defensa da muller e na loita constante contra a lacra da violencia. Damos comenzo de este significativo xeito, ao encendido polo grupo de goberno do alumeado da fachada da casa do pobo", afirman desde o goberno trivés.

Te puede interesar