COLE A COLE

Festival do libro en el Feijóo-Zorelle: Un libro, un amigo

20180430111425921ss
photo_camera As actividades realizáronse nos catro idiomas que se imparten no centro: inglés, francés, castelán e galego

O colexio Padre Feijóo Zorelle celebrou, por todo o alto, a quinta edición do seu Festival do Libro, festividade na que participou todo o alumnado do centro e que destacou por ser unha cita plurilingüe e interdisciplinar

Foron catro intensos días de actividades no colexio ourensán Padre Feijoo Zorelle nos que o principal obxectivo de toda a comunidade educativa era celebrar o pracer da lectura e o valor dos libros. Tratouse dun evento plurilingüe e interdisciplinar que cumpría este ano cinco edicións e cada nova cita supera a anterior, tanto polo número de actividades programadas cada un dos días, como pola ilusión de profesores e escolares pola chegada destes días tan especiais. É unha gran festa, é o Día do Libro!

O lema da 5ª edición do Festival foi “Un libro, un amigo”, considerando así que os libros son perfectos compañeiros cos que compartir emocións, descubrir historias, vivir miles de aventuras e nos que, en moitas ocasións, buscar consolo e respostas. 

O festival, que se prolongou do 20 ao 24 de abril, brindoulle aos participantes un amplo programa de actividades pensadas para todos os niveis educativos, desde Infantil (nenos e nenas desde 3 anos) ata 2º de Bacharelato. Nas propostas programadas empregáronse os catro idiomas que na actualidade se imparten no centro, como son o castelán, galego, inglés e francés.

Exposicións de murais e manualidades elaborados previamente polos escolares, obradoiros de microrrelatos, de ilustración, de elaboración de marcapáxinas e de intelixencia emocional foron só algunhas das actividades deste completo programa ás que se sumaron outras propostas educativas como charlas coloquio con escritores e artistas plásticos, postas en escena de pezas teatrais escritas polos alumnos ou fantásticos mercadillos de libros por puntos. Tamén houbo vídeoconferencias en francés, visitas guiadas ás bibliotecas municipais, a esperada visita dos amigos dos nenos, Os Bolechas, e un concerto do coro do colexio xunto ao coro de León, La Escolanía Antonio Valbuena, un acto que acolleu o Liceo de Ourense e que contou cunha gran afluencia de público.

Tras estes días de moito traballo para os organizadores, pero moi frutíferos para os escolares, xa están a pensar na seguinte edición que, a bo seguro, voltará a sorprendernos a todos. Noraboa polo proxecto!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?