AULAS ABERTAS

Unha horta de outono na beira do Miño

MARTIÑO PINAL
A Aula da Natureza de Oira pon os seus terreos a disposición de que os máis novos aprendan a traballar a terra

Houbo un tempo no que as hortas eran case un máis da familia. O cambio dos hábitos e, sobre todo, a rutina das cidades foron facendo que estes terreos quedasen relegados a un entorno máis rural. Con todo, dende hai uns anos, son moitas as iniciativas que se teñen pronunciado para recuperar a tradición do autoconsumo e a producción propia de froitas e vexetais en ámbitos urbanos. Conscientes da importancia que ten a relación coa natureza na formación dunha persoa, a Concellería de Educación puxo en marcha o proxecto Horta de Outono e Inverno, a través da Aula da Natureza de Oira. 

Durante boa parte do primeiro trimestre do curso, diferentes centros educativos da cidade foron pasando pola horta, situada no paseo fluvial de Oira, para aproximarse ó coñecemento dos traballos agrícolas. O obxectivo do programa non é outro que "facer a educación dos nenos máis relevante e experiencial", segundo explican dende a Concellería. Para iso, é importante que as novas xeracións descobran de onde proceden os alimentos que consumen a diario ó tempo que toman conciencia sobre o coidado da terra. Porque coidar un xardín ou unha horta non só é sementar e agardar a que nazan os froitos, senón que leva consigo un importante ritual de preparación, coidado e moito mimo do terreo. Do mesmo xeito, tamén se pretende que os alumnos ourensáns aprendan a diferenciar productos de calidade nos que a terra é o único segredo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma