Cartas al director

Unidas Podemos: unha deblace máis que previsible

As recentes eleccións galegas puxeron ao líder supremo Pablo Iglesias contra as cordas; o quedar fora do Parlamento galego é só un aviso do que vai suceder con está formación, na que todas as persoas que non estaban de acordo co señor Iglesias foron degradadas ata o punto en que a maioría optou por marchar. De feito, dos fundadores de Podemos só quedou o outro Pablo, Echequine (antes militante de Cidadáns). Purgou a todos os traidores -así eran cualificados os que se atreveron á poñer en dúbida calquera tipo de decisión que tomará Pablo Iglesias- e agora chegan as consecuencias: UP en caída libre, e senón ao tempo .

O certo é que, tal e como dicían todas as enquisas, Feijoo volveu gañar cos mesmos deputados que tiña, mentres o BNG, con Ana Pontón e con toda a mobilización da militancia e simpatizantes, logrou un resultado que sorprendeu a todos, o certo é que se palpaba no ambiente que ía ter máis escanos, pero triplicounos; o PSdeG logrou un deputado máis. É máis que probable que a gran fragmentación dos partidos de esquerda axudara a que estes resultados fosen así. 

En resumo, agora no Parlamento galego só quedan tres partidos, así que menos bulto, máis claridade.

Tome nota, señor vicepresidente do Goberno Español, isto só é o principio do fin.