DEPORTE

A UVigo participa nos traballos previos á Semana Europea do Deporte

Javier Rial asistirá hoxe á xornada de Bruxelas en calidade de vicepresidente de ENAS

A Semana Europea do Deporte é unha iniciativa da Comisión Europea que ten como principal obxectivo promover a sensibilización sobre a importancia do deporte e a actividade física. A súa primeira edición desenvolveuse en setembro do pasado ano 2015 e contou coa participaron de representantes dun total de 31 países.
Como unha chamada a ser activo, esto é co slogan "Be active", se presenta a segunda edición deste evento, que xa foi un éxito o pasado ano pese a ser a primeira vez que se organizaba. 

A Rede Europea de Servizos de Deporte Universitario (ENAS) foi chamada a participar xa dende a orixe do proxecto en calidade de Entidade Colaboradora e nesta segunda edición ENAS estará presente na xornada de traballo inaugural que se celebrará en Bruxelas que terá lugar hoxe, 26 de maio, a través do seu vicepresidente, Javier Rial, responsable do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo e a responsable de Comunicación da Universidade de Porto, Catarina Sampaio. A xornada dividirase nunha parte adicada ás presentacións e posta en común de proxectos, pola mañá; e outra máis práctica onde os participantes organizarán grupos de traballo.

XEOCATCHING
Pola súa banda, o Servizo Deportes da Universidade de Vigo desenvolvera na primeira edición unha actividade de xeocatching denominada «Atopa os tesouros escondidos no campus». Esta actividade mesturaba o intercambio cultural, a integración, a práctica deportiva, o aprendizaxe de linguas es a diversión, servindo para dar a benvida aos novos estudantes Erasmus. O evento fora entón distinguido polo Consejo Superior de Deportes como un dos tres de maior calidade entre os 71 organizados en chan español.
A idea do Servizo de Deportes para esta segunda edición é a de promover unha iniciativa que, a través da propia rede ENAS, se poida desenvolver simultaneamente nun amplo número de universidades de toda Europa.n

Te puede interesar
Más en Universitas