O V Ciclo de Humor reúne a cinco monologuistas entre decembro e abril

uploaded_mono_resultado
photo_camera Indalecio Caballero e Diego Fernández durante a presentación do programa.
O prezo é de 12 a 16 euros en venta anticipada, e 15 a 18 euros en taquilla

O ciclo de humor Carballiño Comedy alcanza este ano a súa quinta edición "cun cartel dos máis prestixiosos monologuistas no panorama nacional e internacional actual", segundo apuntou o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, que estivo acompañado na presentación do programa por Indalecio Caballero, representante de Moita Merda Producións

Nesta nova edición actuarán Leo Bassi, Moncho Borrajo, Grison Beatbox & Jaime Caracavaca, Agustín Jiménez e Carlos Blanco, que actuarán no auditorio municipal Manuel María cada mes entre decembro e abril. O prezo dos espectáculos é de 12 euros en venta anticipada e de 15 euros en taquilla, agás o de Moncho Borrajo, cuxo prezo será de 16 euros en venta anticipada e 18 euros en taquilla. As entradas xa se poden adquirir na páxina web Woutick e dentro duns días de modo físico no restaurante Comonacasa. 

Actuarán Crison Beatbos&Jaime Caravaca; Agustín Jiménez, Leo Bassi, Moncho Borrajo e Carlos Blanco

Diego Fernández agradeceu á produtora a aposta que fai polo Carballiño para que siga sendo un ano máis unha das vilas e cidades de Galicia co mellor plantel de monologuistas, superando o listón en cada tempada.

Mentres, Indalecio Caballero asegurou que se trata dun gran cartel, e que espera conseguir o mesmo éxito das anteriores campañas, "que foron extraordinarias", según recuerda.

O ciclo comeza o 21 de decembro, ás 21,00 horas con Grison Beatbox & Jaime Caravaca; continúa o 18 de xaneiro á mesma hora con Agustín Jiménez. O 15 de febreiro estará Leo Bassi e o 15 de marzo, Moncho Borrajo, rematando o 30 de abril Carlos Blanco.

Te puede interesar