VAIA XEITO DE FUNCIONAR TEN O INEM

Lembro perfectamente o día que me tuven que inscribir nel, un ten 64 anos, case 39 de cotización, a empresa na que traballaba quería reducir plantilla, a un lle propuñan que collera a xubilación anticipada, e de mentras que non me concedían a xubilacion, que me inscribira no Inem para recibir mensualmente unha aportación. A funcionaria que me pediu os datos non recibirá, polo que me decía, nada da miña empresa, me deu de alta, non me explicou nada, bastante tiña por organizar aquel exceso de clientes que tiña na cola da sua administración.
O día 22 de xaneiro pasado me chega unha carta de tal organismo que me di que estaba proposto para quitarme unha mensualidade. O motivo era que tiña que 'fichar' o día 2 de xaneiro pasado. Aleguei que descoñocía, tal importante requisito, que si tan importante era tiñan na miña ficha de alta o meu teléfono da casa. Non serviu para nada, o día 28 de febreiro pasado me din que non me ían pagar a mensualidad de tal mes de xaneiro, cantidade que tiñan que pagar o 11 de febreiro pasado, 940 euros de tal mes.

Este e o xeito de xestionar, de recaudar que ten esta administración? Quen debe explicarmo? Teño eu a obriga de sabelo como si un dereito fundamental se tratara? Un non ten dereito a ser informado? De quen parten estas leies do embudo? Non é unha sanción desproporcionada? E un xeito de tratar aos que chegamos a tal organismo da administración?

Contáronme moitas historias que lle pasaron a xente que foi a esa administración. Sorprendido e admirado, sorprendido e cabreado, vou defender o que é meu diante dunha situación que considero que cos meus anos non tiña que pasar por ela. Nunca pensei que me sucedera esto a esta altura do partido. En todo caso agardo que a miña defensa non seña un recurso ao pataleo, será un recurso a que se me faga xusticia.

Te puede interesar
Más en Cartas al director