cultura

Os veciños de Loiro abren o seu museo etnográfico

O espazo visibiliza a historia deste núcleo e as súas formas de vida, a través de obxectos e fotos

Barbadás abriu onte as portas do museo etnográfico "Loiro na memoria", co que recupera obxectos do pasado, na sua maioría pertencentes ó século XX, cos que se pretende visibilizar a vida do núcleo de Loiro ao longo do tempo, deixando ver ás novas xeracións aspectos da vida descoñecidos, ou que incluso estaban agochados "ou abandonados nos espazos inútiles das casas", como precisou Manuel Fernández, impulsor. 

O coordinador rexeitou o papel de artífice, xa que argumentou que se trata dun " traballo colectivo" dos veciños, a través de doazóns ou participación na montaxe e resturación do espazo. 

O acto de inauguración  contou cunha gran participación popular e política, neste caso co alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e outros membros. O tenente de alcalde, Xosé Manoel Fírvida, amosou o “orgullo cde ser os protagonistas da vosa propia historia". 

O corte simbólico da cinta recaeu na segunda muller de maior idade, Elvira Fernández Calviño, de 98 anos. O grupo Fedello interpretou  pezas de música tradicional e popular para amenizar a xornada. 

Te puede interesar