Vendedores ambulantes agradecen a volta á feira

A Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos expresa o seu agradecemento ao Concello  do Carballiño por implicarse na adaptación da feira á nova normativa, generada pola pandemia do covid-19. "Ogallá todos os concellos tiveran esta disposición de resolver o noso problema actual", indican os responsables da entidade. E no mesmo sentido, engaden que "a nosa actividade está permitida desde o día 11 de maio, os concellos teñen o deber de contribuír á reactivación económica local, da que somos un motor importante".

Por ese motivo, a asociación insta aos demais concellos "a permitir a apertura das feiras co 100% dos postos. É posible, teñen que poñer interese", asegurando que hai moitas familias que dependen da venda ambulante. 

Te puede interesar