POESÍA

Versos para lembrar a Campio

Víctor Campio.
photo_camera O poeta carballiñés Víctor Campio, nunha imaxe de arquivo.

Compañeiros poetas e 
amigos homenaxean a Víctor Campio este martes no Liceo, nun acto no que o fío condutor será, por suposto, a poesía

A X Festa da Palabra que se celebrou o pasado xullo ía ser unha homenaxe á traxectoria artística do poeta Víctor Campio (1928-2018), pero o seu repentino falecemento acabou convertindo a cita nunha honra póstuma. Agora, coma continuación do acto da Insúa dos Poetas, Manuel Blanco e outras amizades do autor de Garabás reúnense este martes no Liceo da cidade nunha "xuntanza de amigos para recordar a outro amigo que xa non está e escoitar a súa poesía, nun encontro máis amistoso que literario", explica Blanco. 

Ángel Losada sentarase ao piano, "como facíamos desde fai moitos anos cando tiñamos algún recital", Blanco e Delfín Caseiro ofrecerán unha "semblanza do noso amigo, para rememorar a súa pertenza ao grupo Dolmen é a importancia que tivo na súa creación". Tamén estarán presentes Carmen Lorenzo e Teresa Devesa, membros do mesmo colectivo poético. 

Blanco recitará poemas de Campio, algúns dos seus favoritos dentro da obra que define como "antolóxica": "Escollín estos textos, pero podería elixir outros moitos".  

A invitación ao evento, que tamén organiza o Liceo, é aberta a aqueles que desexen participar nun acto onde a "poesía nos serve de camiño para xuntarnos".                    

Lugar: Liceo de Ourense

Data: Martes 22 de novembro, ás 20,00 horas

Te puede interesar