UNIVERSITAS

Vigo, elexido como exemplo de boas prácticas en xestión financeira

a1_result
photo_camera Na xornada participan dous representantes de cada unha das quince universidades marroquís.

Representantes  de todos os centros de ensino superior de Marrocos visitan
o campus  de Vigo para participar nunhas xornadas formativas

Un grupo de 31 representantes de todas as universidades de Marrocos participaron no campus nunha xornada formativa sobre o sistema de xestión financeira que emprega a Universidade de Vigo, institución que elixiron como modelo de éxito a seguir en todo o que ten que ver coa implantación neste país dun novo sistema de gobernanza e xestión económica das súas universidades.

As xornadas arrancaron o luns e estendeuse ata o mércores, “tres días nos que ver en primeira persoa o xeito diario de traballar do persoal universitario vigués, especialmente daquelas persoas que se encargan dos procesos económicos e administrativos”, explica Lynda Ouchaouka, da Université Hassan II de Casablanca e coordinadora xeral do proxecto europeo Tempus GO-UNIV, financiado pola Unión Europea con preto de 900.000 euros e no que participan xunto ás universidades marroquís as españolas de Vigo e León, Le Mans de Francia e o Royal Institute Technology de Estocolmo.

As sesións tiveron lugar no Edificio Miralles onde o vicerreitor de Relacións Internacionais e Extensión Universitaria, Manuel J. Fernández, foi o encargado de darlles a benvida e valorou positivamente o feito de que Vigo se está a converter nun referente internacional no relacionado con boas prácticas en xestión financeira e captación de recursos. “Ademais, a diferenza do que pasa habitualmente nos proxectos de cooperación educativa internacional, non só participan docentes e investigadores, senón que o noso persoal de administración e servizos está tamén implicado no proxecto”.

Te puede interesar
Más en Universitas