CULTURA

Vilamarín anima de novo este verán coas "Noites teatrais"

 A Deputación colabora nun evento "referente en Galicia, que difunde e promove o mellor teatro entre os veciños do municipio e os visitantes"

Vilamarín acollerá un ano máis as tradicionais "Noites teatrais", que chegan a súa 31ª edición, cun programa con espectáculos de referencia na dramaturxia galega e que se celebrarán do 9 ao 13 de xullo. Haberá actuacións todos os días ás 22,30 horas, no auditorio municipal. 

A presentación deste evento cultural fíxose onte no Pazo Provincial, nun acto no que participaron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o alcalde e a concelleira de Cultura de Vilamarín, Amador Vázquez e Marina Rodríguez, respectivamente. 

 A Deputación colabora nun evento "referente en Galicia, que difunde e promove o mellor teatro entre os veciños do municipio e os visitantes", segundo sinalou Rosendo Fernández, quen salientou que "ameniza as noites de verán co mellor da dramaturxia de Galicia, nun evento que aglutina ocio, cultura e convivencia social".Amador Vázquez destacou que "o público que vén a Vilamarín sempre volve, atraído pola calidade desta proposta cultural".

A programación terá cinco días de espectáculo por segundo ano seguido. O pistoletazo de saída darase o 9 de xullo, co Grupo  de Teatro de Vilamarín, no que participan actores de entre 12 e 65 anos con  "Os cravos de prata".  

Te puede interesar