conferencia

Vilar de Barrio acollerá unha charla dos maquis

Durante esta actividade falarase dos últimos maquis -organizacións antifranquistas- que estiveron na Serra de San Mamede e en Rebordechao

José Dominguez, autor de A Edreira, el último bastión de la resistencia en Ourense, achegarase ata Rebordechao, en Vilar de Barrio, para ofrecer unha charla na Casa do Pobo. Estará acompañado por Fernando Serrulla Rech, responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia e forense no Hospital de Verín.

Durante esta actividade falarase dos últimos maquis -organizacións antifranquistas- que estiveron na Serra de San Mamede e en Rebordechao, onde estiveron ata ben entrado o ano 1947, segundo sinalou o rexedor local, Manuel Conde. 

A actividade celebrarase este sábado, día 24 agosto, a partir das 18,00 horas e estará promovida polo Concello de Vilar de Barrio.

Te puede interesar