CONFERENCIA

Vilar de Barrio púsoxe ó día sobre a historia dos maquis

A Casa do Pobo de Vilar de Barrio quedouse pequena para acoller a charla.
photo_camera A Casa do Pobo de Vilar de Barrio quedouse pequena para acoller a charla.
A Casa do Pobo de Rebordechao quedouse pequena para acoller ás ducias de curiosos que non quixeron perderse a charla ofrecida por José Dominguez

A Casa do Pobo de Rebordechao, en Vilar de Barrio, quedouse pequena para acoller ás ducias de curiosos que non quixeron perderse a charla ofrecida por José Dominguez, autor do libro "A Edreira, el último bastión de la resistencia en Ourense", que tivo lugar durante a fin de semana. 

No acto estiveron presentes, ademais do promotor da obra literaria, o responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia e forense no Hospital de Verín, Fernando Serrulla Rech; o alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde e tamén o rexedor de Laza, Jesús Blanco Conde. 

Durante a actividade, que foi promovida polo propio Concello de Vilar de Barrio, explicóuselles aos asistentes as curiosidades e particularidades do libro de José Domínguez, ao tempo que se abordou a historia dos últimos maquis -nome de organizacións antifranquistas- que se mantiveron en pé na Serra de San Mamede e en Rebordechao. Segundo os historiadores, aguantaron ata finais do ano 1947.

Te puede interesar