cole a cole

Visita guiada a mozos de O Barco

Algunos de los estudiantes.
photo_camera Algunos de los estudiantes.

Escolares do IES Laura Olmo visitaron a exposición "Arte Privado de Ourense", un perfecto complemento educativo

Desde a inauguración da exposición "Arte privada de Ourense" no mes de decembro, foron moitas as persoas que quixeron visitar a colección pictórica e escultórica que diferentes coleccionistas tiñan nas súas casas e que agora, e ata o 24 de febreiro, están á disposición do público. Ademais de persoas adultas, son moitos os escolares que estes días acoden ao Centro Cultural "Marcos Valcárcel" para ser testemuña desta interesante exposición e participar nas visitas guiadas ofertadas. Así o fixeron hai uns días un grupo de escolares do IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras. Mozos e mozas de 3º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato, como complemento ás asignaturas de Ciencias Sociais e Inglés, acudiron á cidade para visitar a exposición que lles deixou moi bo sabor de boca. Coincidiron en valorala como moi interesante e atractiva. Aproveitaron tamén para compartir ante as cámaras de Telemiño as súas impresións ao finalizar o percorrido por cada unha das obras expostas. Os profesores que acompañaron ao alumnado remarcaron o interesante que resultan este tipo de actividades didácticas coas que o alumnado pode complementar temas estudados previamente na aula dun xeito máis ameno.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar