Visitas guiadas polo río e casco histórico de Allariz

Visitantes en la oficina turística de Allariz, en una imagen de archivo.
photo_camera Visitantes en la oficina turística de Allariz, en una imagen de archivo.

A Concellería de Promoción Económica, Comercio e Turismo, pon en marcha a partir do 1 de agosto visitas guiadas polo casco histórico de Allariz todos os sábados do mes. Desenvolveranse baixo o protocolo de protección contra o covid-19 e para un máximo 20 persoas.

A visita partirá da oficina de turismo de Allariz, ás 11,30 horas, percorrendo a beira do río Arnoia e o casco histórico de Allariz, tamén daranse a coñecer todo tipo de elementos culturais, monumentais, paisaxísticos e patrimoniais vencellados a historia alaricana, con especial atención as súas prazas, igrexas, recursos turísticos, lendas e anécdotas. O Arnado, a Praza Maior, A Paneira, a Igrexa de Santiago, a rúa da Cruz e o edificio do antigo Xulgado son paradas inescusables nestes itinerarios.

A tarifa xeral será de 6 euros e reducida de 3 euros para parados, estudantes e xubilados, sendo de balde ata os 10 anos inclusive. Todos aqueles interesados poden apuntarse na propia oficina de turismo, no teléfono 988442008 ou no correo [email protected]. As rutas darán a coñecer Allariz coas máximas medidas de seguridade.

Te puede interesar