Cultura

A xeración Nós chega á rúa principal da Valenzá

photo_camera Este martes se presenta en el Concello de Barbadás la exposición sobre los 100 años de Nós, organizada por La Región y que estará ubicada en la avenida de Celanova, al pasar la glorieta de la Familia, en A Valenzá. 
O salón de plenos do Concello acollerá hoxe, ás 12,00 horas, a presentación da exposición

A exposición "Nós naceu en Ourense hai 100 anos 1920/2020", que conmemora o centenario do nacemento dunha xeración de intelectuais e unha revista referente do galeguismo durante a primeira metade do século XX, chega hoxe ás rúas da Valenzá (Barbadás). 

O salón de plenos do Concello acollerá hoxe, ás 12,00 horas, a presentación da exposición, coa presenza da comisaria da mesma, a xornalista Maribel Outeiriño. Os nove cubos da de "Nós naceu en Ourense" estarán distribuídos na avenida de Celanova, a arteria principal da Valenzá, nas proximidades da Glorieta da Familia. Neles, debúllase a importancia de Ourense na cultura galega e faise un percorrido pola historia de Nós. 

Nós en forma de exposición na rúa, pensada para ler de xeito ameno e con pausa, xirou estes meses pola provincia, trala súa presenza inicial na rúa do Paseo da cidade. A mostra estará dispoñible para a súa visita ata o 16 de marzo.  A mostra está organizada por La Región e conta co patrocinio de Xunta, Deputación e Coren. 

Te puede interesar