Opinión

Xinzo: o outro Entroido. Retrato de Franco

Un dos entroidos máis animados que lembro, debía ser o martes do ano 1963. O Casino estaba no primeiro andar do antigo Café Ideal, na mesma estrada xeral fronte a praza 

Como era o derradeiro  día  estaba o baile moi animado e o presidente ordenou que se pechara a porta para que non saira ninguén..

Xa moi tarde, cando saira a maioria da xente, apenas quedábamos duas ou tres mesas ocupadas, distanciadas entre sí, e un grupo bastante numeroso de xuventude,moi animada, que consumía os últimos momentos do entroido cantando e bailando a conga con gran alborozo.

Nunha das mesas, xa un pouco cansados de troula, esta a miña irmá Sita, a sua amiga Marilo Chispa, o seu irmán Pepe,  a Magena e mais eu. Aos dous ou tres metros de nos había unha  mesa  xa valeira e, enriba na parede,  colgaba   un retrato de Franco. De repente non se me ocorre outra  cousa que erguerme do sofá e porme  diante do retrato, coa curiosidade dos demás membros da mesa que non podían imaxinar  de que ia a cousa. Non lembro literalmente as miñas palabras… pero o certo e que establecin un dialogo cordial co  estatico e mudo interlocutor. Supoño que palabras nada comprometidas, sin a maior trascendencia, dada a situación política do momento. Algo así como:

¿ Que che parece iste entroido. Esta divertido, verdade?

¿ Non se che ocorrirá suspendelo. Atrévete, se es  capaz?.

 E outras cousas parecidas, seguin dicíndolle ante a estupefacción  dos   amigos da mesa, que se escarallaban coa risa. Eran   os únicos entre o barullo que inda había no salón que se decataron da miña conversa co impasible Generalísimo.

No fragor  das miñas reivindicacions, o retrato cae  ao chan, ante a miña sorpresa e a dos amigos que quedamos abraidos. Logo  miro  cara os lados  por si alguen se decatara do sucedido. Ninguén  reparaou no asunto. Collin o retrato do chan,  con tan boa sorte que non rachou o cristal. Coloqueino  no seu sitio e aiquí non pasou nada. 

Quero pensar que non foi a contundencia das miñas palabras, dos meus argumetos o que fixo que o meu impasible interlocutor se viñera abaixo, senon as vibracions do piso de madeira  cos saltos dos compoñentes da conga que  trouleaban sen parar, os que deron co Caudillo no chan.  

Rímonos un bo rato de todo o acontecido xa que cremos que a cousa   non trascendeu  do grupo de  amigos.

De todolos xeitos,  durante uns días non as tiña todas comigo; pois eran tempos difíciles e non 

sabes que pode pasar. Pero como sempre nestas festas de Entroido nunca pasa nada.

Te puede interesar