A LIMIA

Xinzo reedita a semana adicada a Carlos Casares

A Limia
photo_camera Parte da Corporación municipal cos representantes da Fundación Carlos Casares onte en Xinzo. (P. PALOMANES)

Prolongarase do 8 ao 13 de abril e incluirá actividades para os estudantes

Xinzo acollerá este ano, por segunda vez, a semana adicada ao seu escritor máis senlleiro: Carlos Casares. Durante sete días, que se prolongarán dende o 8 ao 13 de abril, a vila limiá será escenario de distintas actividades que estarán protagonizadas, principalmente, polos escolares da comarca, e nas que o Consistorio investirá preto de 10.000 euros. 

A principal novidade de este ano será a celebración do "Xogo do Papapío", dúas sesións dun proxecto didáctico interactivo, que estará conducido por un actor e dirixido a grupos escolares de entre 3º e 6º de primaria. O obxectivo do mesmo será potenciar a retención, o traballo en equipo, a imaxinación e o xogo dos máis cativos. 

Por outra banda, haberá unha exposición na Casa da Cultura na que se amosarán un cento de cubertas dos libros do escritor limiao de diferentes xéneros e edicións. 

No apartado dos concursos, "A galiña azul" e "Capas para as Letras Galegas" irán destinados a todos os centros de ensino da comarca para tratar de potenciar a capacidade creativa dos escolares. Tanto gañadores como participantes recibirán diplomas, lotes de libros e agasallos sorpresa. O concurso "A Limia é así" escollerá o mellor texto breve, a mellor fotografía e a mellor curta para as redes sociais. 
A mostra dos Mundos de Carlos Casares reabrirá en breve e o Concello espera ampliala cunha maqueta de trens do autor.n

Te puede interesar