o carballiño

As Xociviga renderon homenaxe ó Cine Clube

photo_camera Anxo Santomil, Ricardo Paz e Rodrigo González, durante o acto de homenaxe a Cine Club Carballiño (Foto: Martiño Pinal)

Foi un recoñecemento ó traballo de moitas persoas durante 45 anos 

As Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga) rendiron homenaxe onte ó Cine Clube Carballiño con un recoñecemento ós 45 anos da súa historia e por ser a entidade impulsora das xornadas, que se están desenvolvendo desde o pasa- do 11 de agosto, na súa 31 edición. O Auditorio municipal acolleu un sinxelo acto no que o concelleiro de Cultura, Rodrigo González He mida, e o coordinador das Xoci- viga, Anxo Santomil, entregaron unha talla de madeira, da que é autor Chicho Carballido, e que re- cibiu o actual presidente do Cine Club, Ricardo Paz. O edil de Cultura ensalzaba o traballo levado a cabo por moitas persoas ó longo dos últimos 45 anos e amosaba o seu agradecemeto "polo seu tra- ballo polo Carballiño e polo cine". González Hermida tamén lembrou o cine de Leiro ó que agradeceu a cesión de material do seu museo. Anxo Santomil recoñecía tamén o labor de moitas persoas "que tra- ballaron durante moitos anos pa- ra que sigan as Xociviga", mentras Ricardo Paz expresaba os seus des- exos de continuidade para o Cine Club Carballiño.

Durante os tres minutos seguintes proxectouse unha reportaxe fo- tográfica sobre os 31 anos das xor- nadas, con imaxes dos numerosos profesionais do mundo do cine que pasaron pola vila e tamén instantáneas dos organizadores.

Posteriormente, presentou un dos clásicos do cinema portugués "Manhá Submersa" o seu director Lauro Antonio, que foi a primeira película programada nas Xoci- viga do 1984. Ademáis contouse con Carmen Suáres para falar do seu proxecto "Foto falada, fálame San Sadurniño", rematando coa entrega dos premios dos concursos de curtametraxes e fotografía e a proxección "Os Fenómenos", de Alfonso Zarauza.

Hoxe conclúen as xornadas, es- tando previsto un encontro audiovisual Galica-Portugal. 

Te puede interesar