Amencer retoma o curso con troula

20200921094055916_resultado
photo_camera Amencer promove as actividades ó aire libre con esta proposta de xogo e conciliación familiar. (FOTO: MIGUEL ÁNGEL)
O colectivo xuvenil Amencer celebra a sétima edición de "Tempo de Troula", unha proposta para que os nenos ocupen as primeiras tardes do curso e axudarlle ás familias á conciliación destas primeiras semanas do ano escolar

Sete edicións leva xa o colectivo xuvenil Amencer puxo en marcha unha iniciativa destinada a colaborar coas familias da cidade durante as primeiras semanas do curso. É habitual que o mes de setembro conte só con horario lectivo de mañá para que os nenos se vaian acostumando ás rutinas propias do periodo escolar, especialmente este ano, pois levan dende marzo sen acudir ós seus centros de estudo. 

Por iso, as tardes quedan libres para as súas horas de ocio e, en moitos casos, os pais non son quen de conciliar horario laboral e familiar. Para contribuír a que isto non se convirta nun problema naceu hai anos "Tempo de Troula". Alí danse cita mozas e mozos de tódalas idades, dende Educación Infantil ata a fin de Educación Primaria. O obxectivo principal é, tal e como o seu nome indica, a troula, pero en Amencer, cada xogo e actividade está pensada para que os pequenos tamén aprendan. 

A meta é "educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos e fillas, favorecer tamén a participación e o traballo en equipo", contan dende o colectivo xuvenil. É por iso que "Tempo de Troula" é sempre unha das propostas máis agardadas de Amencer, a pesar de que a situación que atravesamos este ano mermou un pouco as cifras de participación. Para contribuír a unha actividade segura, dende Amencer esforzáronse en adaptar a proposta ós novos tempos con ampliación de espazos, promoción de actividades ó aire libre, insistencia nos hábitos de seguridade e hixiene ou un seguimento diario coas familias para asegurarse de que todo transcorre como é debido. 

"Este ano somos algúns menos, pero temos un grupiño moi xeitoso", conta a monitora Andrea. Ela, con todo o seu equipo, adican a segunda quincena de setembro a xogar, a divertirse e a aprender. "Aquí pasámolo moi ben", explican con unanimidade algunhas das participantes deste ano. E as mascariñas non molestan? "Costa un pouquiño máis pero o importante é que podemos xogar", explica rotunda Catuxa. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?